“Miña casiña, meu lar,

¡Cantas onciñas

De ouro me vals!”

“Campanas de Bastavales,

Cando vos oio tocar,

Mórrome de soidades”

“¡Oh tierra, antes y ahora,

Siempre fecunda y bella!

“Adios, montes e prados, igrexas e campanas!

Adios, Sar e Sarela, cubertos de enramada!”

“Como chove miudiño

Pola banda de Laíño,

Pola banda de Lestrove”

Ruta Rosaliana

“A Ruta Rosaliana é un itinerario lóxico que segue a Vida de Rosalía de Castro, desde o lugar do seu nacemento, os diversos lugares onde ela viviu e remata onde repousan as súas cinzas. (…).

Percorre-los camiños que ela percorreu, meditar nos recantos en que Rosalía meditou. Identificarse intimamente con Rosalía, que é como identificarse con Galicia”.

Así a describía Avelino Abuín de Tembra 

Rosalía segue viva na Ruta Rosaliana "As pegadas de Rosalía”

Descubre a vida e a obra de Rosalía de Castro: escritora representativa de Galicia no mundo, e quen mellor retratou o sentir do pobo galego. Esperanza e forza de muller nun pobo que segue a latexar coas súas poesías.

O verbo de Rosalía é aínda hoxe baluarte para avanzar como muller e como pobo, recoñecendo os lugares e os costumes que  foron a súa fonte creativa e de inspiración.

Vive a vida e a obra de Rosalía seguindo esta proposta de As Pegadas de Rosalía

#RutaRosaliana #AsPegadasdeRosalía

As Pegadas de Rosalía en 360º!

Descobre os lugares de interese na vida de Rosalía de Castro a través da aplicación 360º

Pin It on Pinterest