Ruta Rosaliana

Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 nunha casa do Camiño Novo (Santiago de Compostela), actual Avenida Rosalía de Castro. A súa nai, María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, proviña dunha familia fidalga, e o seu pai, José Martínez Viojo, foi o sacerdote da Colexiata de Iria. Rosalía casou no ano 1858 co historiador e tamén escritor Manuel Murguía, co que tivo sete fillos.

Rosalía de Castro considérase a escritora representativa de Galicia no mundo. Por un lado foi ela quen como escritora mellor retratou os sufrimentos e máis as esperanzas de todo un pobo, quen mellor se identificou coas aspiracións da Galicia dos humildes. Por outro, como muller, fixo constantes denuncias da discriminación social, política e literaria que as mulleres padecían e fíxoas tamén protagonistas da súa extraordinaria creación literaria, en galego ou castelán, en prosa ou verso. Probablemente nada simbolice mellor a súa obra e máis a súa vida que o río Sar, eixe tamén desta proposta de ruta.

“As pegadas de Rosalía” é unha renovación documentada e actualizada por Anxo Angueira (Presidente da Fundación Rosalía de Castro) da ruta proposta por Avelino Abuín de Tembra  en 1980 e que el mesmo introducía do seguinte xeito:

“A Ruta Rosaliana é un itinerario lóxico que segue a Vida de Rosalía de Castro, desde o lugar do seu nacemento, os diversos lugares onde ela viviu e remata onde repousan as súas cinzas. (…).

Percorre-los camiños que ela percorreu, meditar nos recantos en que Rosalía meditou. Identificarse intimamente con Rosalía, que é como identificarse con Galicia. Pero parece claro que a RUTA se pode adaptar ás conveniencias de cadaquén, tanto na súa extensión como na orde do percorrido. Esta é unha peregrinaxe de lembranzas íntimas. Un simple guión indicativo que se lles facilita aos viaxeiros que busquen rememorar a Rosalía como un latexo no noso corazón”

Avelino Abuín de Tembra

Esta proposta de #RutaRosaliana renovada transcorre polos concellos de Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago á beira do río Sar. Un río que para Rosalía foi un río literario, pero tamén o río da súa vida.

Puntos de interese

Descobre cada un dos lugares que forman parte da Ruta Rosaliana

Pegadas da vida de Rosalía en Compostela

Pegadas da vida de Rosalía en Compostela

Igrexa de San Xoán de Ortoño

Igrexa de San Xoán de Ortoño

Ruta polas Ribeiras do Sar

Ruta polas Ribeiras do Sar

Igrexa de San Xulián de Bastavales

Igrexa de San Xulián de Bastavales

Casa Museo de Rosalía de Castro

Casa Museo de Rosalía de Castro

Santa María a Maior de Iria Flavia e Cemiterio de Adina

Santa María a Maior de Iria Flavia e Cemiterio de Adina

Pazo de Arretén

Pazo de Arretén

Estatua do Espolón e casa onde se criou Rosalía

Estatua do Espolón e casa onde se criou Rosalía

As Torres de Hermida

As Torres de Hermida

Panteón de Galicia

Panteón de Galicia

Pin It on Pinterest

Share This