Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón 

Nesta casa pasou Rosalía os derradeiros anos da súa vida e nela foi onde morreu o 15 de xullo de 1885. Restaurouse en 1971 e converteuse na Casa Museo en 1972, situando nela a sede da fundación que leva o seu nome. Ao lado da casa edificouse o Centro de Estudos Rosalianos.

A través das súas dúas plantas pódese realizar un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Á vez, é posible contemplar como era unha casa rural da época entre labrega e fidalga.

Destacar que o xardín desta Casa Museo é un dos puntos da Ruta da Camelia de Galicia. Pódese ampliar información sobre esta Casa Museo na súa propia web.

Recoméndase ir camiñando desde esta Casa Museo ata outro dos puntos da ruta: o Cemiterio de Adina, seguindo as vías do tren. Quen dispoña de tempo tamén pode chegar camiñando ao Pazo de Arretén, pero debe ter en conta que é propiedade privada.

Casa Museo de Rosalía de Castro
Casa Museo de Rosalía de Castro
Casa Museo de Rosalía de Castro
Casa Museo de Rosalía de Castro
Casa Museo de Rosalía de Castro
Casa Museo de Rosalía de Castro

As Pegadas de Rosalía en 360º!

Descobre os lugares de interese na vida de Rosalía de Castro a través da aplicación 360º

Pin It on Pinterest

Share This