Estatua do Espolón e casa onde se criou Rosalía
Nesta parte da ruta podemos ver dous puntos importantes: por un lado o lugar onde estivo unha das casas nas que viviu Rosalía, e por outro a estatua de Rosalía no Paseo do Espolón, inaugurada o 23 de abril de 1957, luns de Pascua.
O Paseo do Espolón foi construído a principios do século XIX sobre un antigo areal do río. Antigamente recibía o nome de Paseo de Montero.
No número 4 da Rúa de Xoán Rodríguez (a 400 m do Paseo do Espolón) existiu unha casa de propiedade compartida entre a nai de Rosalía e seus irmáns. Nela criouse Rosalía de Castro. Na actualidade só existe unha placa que se pode ver nas fotografías neste punto.
As Pegadas de Rosalía en 360º!
Descobre os lugares de interese na vida de Rosalía de Castro a través da aplicación 360º