Igrexa de San Xulián de Bastavales
A igrexa de San Xulián de Bastavales empezouse a construír en 1585 e rematouse en 1772 sobre un templo románico anterior. Está orientada cara o abrente, seguramente polas lendas do monte Ruibal e do Castro Lupario. No completo destaca a Destaca a capela do Carme.
A torre do campanario levantada posteriormente, no ano 1782, posúe unhas das campás máis famosas de Galicia, sobre as que fala Rosalía en Cantares Gallegos. Foron instaladas en 1828.
Se a visita se fai con tempo, recoméndase acudir á Carballeira de Santa Minia, onde se sitúan o Santuario de Santa Minia, e incluso chegar ás Torres de Altamira nun dos límites do termo municipal con Ames. Tamén se pode visitar o Castro de Beca onde a lenda di que viviu a Raíña Lupa no tempo no que o Apóstolo se enterrou na cidade a que deu nome.
A Carballeira de Santa Minia é un dos puntos máis importantes deste municipio. Foi o lugar elixido dende sempre para as festas, reunións de veciños… Neste enclave atópase o Santuario de Peregrinaxe de Santa Minia: unha Santa mártir traída da catacumba romana de Santa Inés por Luis Tobío. O corpo chegou a Brión o 1 de agosto de 1848.
Ademais de ser un lugar santo, nesta carballeira organizouse durante varios anos unha das mellores feiras que se celebran na comarca. A primeira celebrouse o 30 de marzo de 1912. En 1913 completouse o conxunto cunha fonte dedicada ao deus Hermes ou Mercurio, agasallo de Vicente Ramos. Nesta carballeira atópanse varios edificios que albergan servicios municipais.
Como parte máis lúdica, en Brión atópase o Hotel Balneario de Compostela. É un dos balnearios máis importantes da comarca e nel pódese gozar dun circuíto con augas curativas e outros tratamentos.
O percorrido polas terras da Maía remata neste punto para seguir polas beiras do río Sar no termo municipal de Padrón.
As Pegadas de Rosalía en 360º!
Descobre os lugares de interese na vida de Rosalía de Castro a través da aplicación 360º