Panteón de Galicia
“En donde canto eu quixen descansa – vidas da miña vida, anacos das entrañas”.
Palabras escritas por Rosalía de Castro para referirse ao cemiterio de San Domingos de Bonaval (Parque de Bonaval na actualidade) para lembrar os dramáticos episodios vividos coas mortes da súa nai (1862) e dos seus fillos Adriano (1876) e Valentina (1877).
En 1891 trasládanse os restos mortais de Rosalía de Castros desde o Cemiterio de Adina ao Panteón de Galicia, lugar onde hoxe se atopan nun mausoleo dedicado á autora.
Este conxunto arquitectónico é de especial relevancia, posto que no Convento descansan hoxe os restos de Rosalía. O camposanto foino na vida e na obra da autora, dado que nel repousaron os seus familiares.
A igrexa (Ben de Interese Cultural), que forma parte do antigo convento dominico de Bonaval, foi construída no século XIV seguindo o canon da arquitectura mendicante. Consta de tres naves separadas por arcos de medio punto e unha fermosa capela maior con altas ventás e bóveda de aresta.
NOTA. Información publicada por CHARLÍN F., DOMINGUEZ S. e ESPIÑO M. (2015): “Roteiro Rosalía de Castro e Ramón María del Valle-Inclán en Santiago de Compostela”; e completada polo Concello de Santiago a través de Turismo de Santiago.
As Pegadas de Rosalía en 360º!
Descobre os lugares de interese na vida de Rosalía de Castro a través da aplicación 360º