Santa María a Maior de Iria Flavia e Cemiterio de Adina

Neste punto da ruta sitúanse a Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia (antiga Colexiata) e o seu cemiterio. Nel estivo soterrada Rosalía de Castro desde 1885 ata 1891. Proponse visitar este punto neste momento, por proximidade á Casa Museo. Pero se seguimos a vida cronolóxica da autora podería visitarse ao final dos puntos de Padrón, xusto antes de ir cara ao Panteón de Galegos Ilustres en Santiago de Compostela.

A Igrexa de Santa María a Maior foi antigamente Sede Episcopal e está considerado o primeiro templo mariano do mundo. É unha das igrexas máis antigas de Galicia.

Tamén se pode ver unha ampla colección de sartegos e laudas en diferentes estados de conservación.

No cemiterio da Igrexa están soterrados desde 2002 os restos de Camilo José Cela, Premio Nobel de Literatura. Ao cruzar a estrada nacional podemos ver un edificio longo. Trátase de casas construídas para a residencia de cóengos no século XVIII. Agora alberga a Fundación Pública Camilo José Cela. Alí pódese coñecer a vida e obra do autor e ver manuscritos e coleccións privadas.

Santa María a Maior de Iria Flavia e Cemiterio de Adina
Santa María a Maior de Iria Flavia e Cemiterio de Adina
Santa María a Maior de Iria Flavia e Cemiterio de Adina
Santa María a Maior de Iria Flavia e Cemiterio de Adina
Santa María a Maior de Iria Flavia e Cemiterio de Adina

As Pegadas de Rosalia en 360º!

Descobre os lugares de interese na vida de Rosalía de Castro a través da aplicación 360º

Pin It on Pinterest

Share This
As Pegadas de Rosalía
Descrición xeral da privacidade

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.